Menú Cerrar

Validacións de módulos

Validación de módulos nos que se está matriculado/a neste curso 24-25

INSTRUCCIÓNS:

1. Solicitar o impreso en conserxería ou descargalo do seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10829. (Ollo! Só se poden solicitar validacións dos módulos nos que se está matriculado/a este curso).
2. Cubrir o impreso.
3. Entregar o documento coa documentación que acredita o dereito á validación (certificado de estudos dos ciclos cursados anteriormente, etc.) en secretaría e solicitar o xustificante de entrega.
4. Agardar a que se resolvan as validacións (deberían comezar a resolverse a principios de novembro).
5. Prazo de presentación de solicitudes para validar módulos: até o 4 de outubro de 2024.

É importante asistir a clases mentres non se resolven as validacións. Xa que no caso de non concederse, o non haber acudido á clase implica a perda ao dereito á avaliación continua ou baixa de oficio, segundo corresponda.

NOVIDADES CON RESPECTO ÁS VALIDACIÓNS:

Segundo a nova lei de FP (RD 3/2022, de 31 de marzo), instáuranse dous novos módulos para o alumnado de 1º curso de ciclos ordinarios: Itinerario persoal para a empregabilidade I (antigamente FOL) e Inglés profesional. Respecto ás validacións destes módulos a Consellería indica o seguinte:

O módulo profesional de Itinerario persoal para a empregabilidade I dos ciclos de grao superior poderase validar:

– Achegando o módulo de Formación e orientación laboral (FOL) correspondente a calquera título ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE).
– Achegando o módulo de Formación e orientación laboral (FOL) correspondente a calquera título ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo. Neste suposto, cumprirá acreditar a formación establecida para o desempeño das funcións de nivel básico da actividade preventiva, expedida de acordo co
disposto no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención, con indicación expresa dos contidos superados.
– Aplicando calquera outro suposto previsto no Real decreto 1085/2020, do 9 de decembro, polo que se establecen validacións de módulos profesionais dos títulos de formación profesional do sistema educativo español e as medidas para a súa aplicación, e se modifica o Real decreto 1147/2011, do 29 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral
da formación profesional do sistema educativo, que dese como resultado a validación do módulo de Formación e orientación laboral (LOE).

O módulo profesional de Inglés profesional será obxecto de validación, sempre que se trate da mesma lingua, con módulos profesionais ou as certificacións académicas oficiais de nivel avanzado B2 (certificacións oficiais da Escola de Idiomas), para ciclos formativos de grao superior. Neste caso valídase sen cualificación, e dicir, para a media do ciclo non se ten en conta.

* Tede en conta que o alumnado que solicite validación de módulos aportando titulacións universitarias ou Ensinanzas de Réxime Especial tedes que empregar o Anexo V (podedes descargalo aquí https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10830 ). Neste caso a resolución tarda máis tempo en resolverse.

+ info: https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10833

Relacionado...