ORIENTACIÓN > acceso a ciclos | acceso á universidade | acreditación | probas libres | validación | atención á diversidade | DUAL | bolsa emprego

curso 2022/2023
As probas libres dan acceso á obtención do título de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional mediante a realización de probas teóricas e prácticas por cada módulo no mes de xuño.
Xefatura do departamento Orientación | Alfonso Villares | orientacion.cifp.imaxe.son@edu.xunta.gal
Xefatura do departamento Acreditación e Probas | Juan Alberto Bellón López
NORMATIVA
- Orde do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.(DOG 16 abril)
- Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021/22.
REQUISITOS
CUMPRIR ALGUNHA DAS CONDICIÓNS DE ACCESO A CICLOS e ademais:
- Ter vinte anos (20), para os títulos de técnico superior, ou dezanove (19) anos no caso de posuír xa o título de técnico.
- Con carácter xeral, non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.
Excepcionalmente, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a realización das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba ata un máximo de tres módulos.
Adicionalmente, e tamén de xeito excepcional, no caso de quedaren aínda vacantes, poderán acceder á realización das probas:
a) As persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas para a superación dun máximo de tres módulos profesionais de ciclos que se estean a cursar polo devandito réxime, sempre que sexan módulos nos cales non estean matriculadas no curso académico de realización da proba, e que non sexan os módulos profesionais de Formación en centros de traballo nin de Proxecto.
Tamén poderán matricularse de xeito excepcional, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, ás persoas que superasen o módulo de Formación en centros de traballo, e no caso dos ciclos de grao superior tamén o módulo de Proxecto, nos períodos extraordinarios establecidos no artigo 6.4 da Orde do 28 de febreiro de 2007, de setembro-decembro e de xaneiro-marzo, do mesmo curso escolar en que teña lugar a convocatoria de probas libres.
PRAZO E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 2023
- Presentación de solicitudes do 17 ao 28 de abril de 2023 ata as 13:00 h
- Listaxe provisional de solicitudes 3 de maio
- Reclamación contra a listaxe provisional 4 de maio ás 9:00 h ata o 5 de maio ás 13.00 h
- Listaxe definitiva de solicitudes 10 de maio
- Listaxe de persoas adxudicadas 10 de maio
- Matriculación 10 de maio ás 9:00 h ata o 19 de maio ás 13.00 h
- Liberados e adxudicación continuada 23 de maio ás 9:00 h ata o 31 de maio ás 13.00 h
As probas realizaranse previsiblemente na segunda quincena do mes de xuño.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres de formación profesional presentaranse na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.
A solicitude poderá realizarse mediante o asistente informático vía web.
- Enlace para acceder á solicitude web — Activo soamente durante os períodos de solicitude
- Instrucións sobre como realizar a solicitude web ——- http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/9699
Logo de realizada, a aplicación informática xera un impreso de solicitude.
1. No caso de solicitantes xa autenticados no contorno “edu.xunta.es” que non teñan que achegar documentación, o sistema xera un impreso xa validado, co texto de que non é necesario entregalo nun centro educativo para a súa validación. Deste xeito remataría a finalización da presentación da solicitude nas probas libres para a obtención de títulos de FP LOE. A copia impresa conservarase como resgardo da realización da solicitude.
2. En calquera outro caso, o sistema xera un impreso de solicitude que terá que ser entregado para a súa validación en calquera centro educativo de Galicia con oferta de ciclos de formación profesional sostida con fondos públicos. Se este impreso non se entrega en prazo, a solicitude non terá carácter oficial e non se considerará realizada para os efectos da admisión.
As persoas que soliciten participar nas probas libres dos módulos profesionais presentarán unha única instancia, que entregarán no centro onde se imparta o ciclo formativo solicitado en primeiro lugar.
Farase constar, por orde de preferencia, os ciclos formativos, os centros onde se impartan, e a súa oferta vinculada ata un máximo de seis opcións.
NOTA IMPORTANTE SOBRE A ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN. PRESENCIALIDADE
O proceso de presentación de solicitude é obrigatorio facelo a través da aplicación habilitada a tal efecto pola Consellería. Pero,
Se a solicitude demanda a presentación dalgún documento, esta debe realizarse de xeito presencial nun centro da Comunidade autónoma de Galicia escollido pola persoa solicitante.
Igualmente, se a persoa solicitante resulta admitida, a matrícula debe formalizarse presencialmente no centro seleccionado polo/a alumno/a.
E finalmente, tamén é presencial a xornada de acollemento que se celebra para informar do desenvolvemento das probas ao alumnado xa matriculado, baixo sanción de baixa de oficio se non existe causa xustificada.
Excepcionalmente, e de non ser posible a presentación da solicitude directamente ou mediante persoa autorizada nun centro educativo (lembren que este ano é posible a solicitude de entrega automática co asistente informático), poderase presentar en sobre aberto en calquera oficina de Correos, para ser remitida por correo certificado co selo de Correos coa data de entrega, lugar, hora e nome da oficina (artigo 31 do Real decreto 1829/1999).
A persoa solicitante pedirá explicitamente que se fagan constar as circunstancias do envío, logo da comparación co documento de identidade, segundo o referido artigo.
A solicitude irá dirixida ao centro elixido en primeira opción.
A documentación presentada que non sexa orixinal deberá estar compulsada, e tamén se deberá incluír unha copia simple do documento de identidade.
Será necesario remitir, nos prazos de admisión, unha copia da documentación presentada e selada mediante correo electrónico ao centro ao que vaia dirixida a solicitude.
Lémbrase por parte da Consellería aos solicitantes que dispoñen da posibilidade de facer a solicitude web con entrega automática, aínda que non teñan usuario ou sinatura dixital.
BAREMO PARA A ADMISIÓN
En caso de existir máis solicitudes que prazas ofrecidas para cada ciclo formativo, o baremo que se aplicará para seleccionar as persoas solicitantes que, cumprindo os requisitos establecidos aspiren a unha praza, será o seguinte:
- Pola experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo dun ano nun sector produtivo directamente relacionado co ciclo formativo: 3 puntos por cada ano, ata un máximo de 15.
- Pola experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo dun ano nun sector produtivo non relacionado co ciclo formativo: 1,2 puntos por cada ano, ata un máximo de 6 puntos
- Por módulos xa acreditados do ciclo formativo: 2,25 puntos por cada módulo.
ORGANIZACIÓN, ESTRUTURA E DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS
As probas realizaranse previsiblemente na segunda quincena do mes de xuño.
As persoas aspirantes serán convocadas para a xornada de acollemento
ESTRUTURA DA PROBA
- Primeira parte. Terá carácter eliminatorio e consistirá nunha proba escrita que versará sobre unha mostra suficientemente significativa dos criterios de avaliación establecidos na programación
- Segunda parte. As persoas aspirantes que superaran a primeira parte da proba realizarán a segunda, que tamén terá carácter eliminatorio e consistirá no desenvolvemento de un ou varios supostos prácticos que versarán sobre unha mostra suficientemente significativa dos criterios de avaliación establecidos na programación para esta parte para esta parte.
CUALIFICACIÓN DA PROBA
A avaliación da proba libre realizarase entre un e dez, sen decimais.
A cualificación final correspondente da proba de cada módulo profesional será a media aritmética das cualificacións obtidas en cada unha das partes, expresada con números enteiros, redondeada á unidade máis próxima. No caso das persoas aspirantes que suspendan a segunda parte da proba, a puntuación máxima que poderá asignarse será de catro puntos.
INFORMACIÓN
Rematado o proceso de matrícula, o equipo directivo do centro encargarase de organizar e coordinar unha XORNADA DE ACOLLEMENTO para as persoas matriculadas, xunto co orientador co fin de transmitir a información precisa, dar as instrucións que consideren convenientes e aclarar as dúbidas xurdidas para o mellor desenvolvemento das probas.
Os centros realizarán a baixa de oficio da matrícula da proba cando unha persoa matriculada non asista inxustificadamente á xornada de acollemento.
OFERTA DE PRAZAS PARA AS PROBAS LIBRES NO CIFP IMAXE E SON