A biblioteca e o Departamento de Dinamización Linguística do CIFP Imaxe e Son organizan este certame coa finalidade de fomentar o uso do galego e dar publicidade aos fondos da nosa biblioteca. En concreto, ao seu material audiovisual.
BASES
Poderedes escoller unha película de entre as propostas pola biblioteca e solicitar o préstamo para o seu visionado. O podcast deberá incluír título da película, ficha técnica (ano, produtora, equipo técnico e artístico…) e unha breve sinopse. Ademais, deberedes indicar por que a obra escollida se considera un clásico ou por que tivo éxito no seu día (podedes facer referencia a apreciacións técnicas relacionadas cos módulos que estudades) e, finalmente, emitir unha valoración. Recomendaríadela? Considerades que está sobrevalorada?
Número de participantes: podedes presentarvos de xeito individual ou en equipos de ata un máximo de 3 alumn@s. Non tedes que estar matrículad@s no mesmo curso nin no mesmo ciclo, pero si no CIFP Imaxe e Son.
Gravación: a biblioteca proporcionará o espazo e o equipamento técnico necesario e organizará as quendas de gravación, que se farán nos recreos de mañá e no horario de apertura da biblioteca pola tarde.
Formato e duración: entregarase un arquivo .wav dunha duración máxima de 8 minutos. A superación dese tempo suporá a descualificación. O arquivo enviarase á dirección de correo electrónico biblioteca.cifp.imaxe.son@edu.xunta.gal . Deberedes indicar nome e apelidos dos participantes, curso e obra escollida.
Idioma: todo o podcast deberá estar en galego.
Inscrición: estará aberta do 22 de xaneiro ao 10 de febreiro. Quen desexe participar deberá enviar un correo a biblioteca.cifp.imaxe.son@edu.xunta.gal indicando se o fai de xeito individual ou en grupo (nome dos participantes e curso) e o título da película escollida.
Data límite de entrega: 20 de abril
Premios: outorgaranse tres premios, que consistirán en tarxetas regalo da FNAC por valor de 150, 90 e 60 euros.
Xurado: integrarán o xurado Nuria Rodríguez, coordinadora de biblioteca; Fran Negreira, coordinador de Dinamización Linguística; Isabel Romero, docente e creadora do podcast E agora que? e Candela Conde, xefa de estudos do centro. Valorarase a calidade técnica e a calidade lingüística, o carácter construtivo, a comunicación e a espontaneidade.
Entrega de premios: farase na gala EIS Carballeira, que se celebrará no Forum Metropolitano o vindeiro 20 de maio.
Catálogo de películas:
