Menú Cerrar

Internacional

Coordinación de Programas Internacionais  |  Carlos Oro Claro  |  internacional.cifp.imaxe.son@edu.xunta.gal  

Erasmus+ é o programa de mobilidade internacional financiado con fondos europeos. En materia educativa abarca todos os niveis: escolar, formación profesional, ensino superior e formación de persoas adultas.

Céntrase na aprendizaxe formal e informal máis aló das fronteiras da UE, cunha clara vocación de internacionalización abríndose a terceiros países co obxectivo de mellorar as capacidades educativas e formativas das persoas para a empregabilidade de estudantes, profesorado e traballadores e traballadoras. 

Os proxectos xestionados por este centro están cofinanciado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados ​​nesta publicación son exclusivamente os do(s) autor(es) CIFP Imaxe e son e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou os do Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE). Nin a Unión Europea nin a Axencia Nacional SEPIE poden considerarse responsables deles.