Menú Cerrar

Secretaría

Nesta sección poderán resolverse trámites menores de carácter interno. En caso de dúbida ou erro, contactar co correo do centro.

***** Información ******

Debes formalizar a matrícula online en ciclosadmisión e podes presentala tanto online, como presencialmente no centro.

De ser presencial debes traer contigo a

  • solicitude impresa,
  • fotocopia do DNI e o orixinal,
  • resgardo de pago de taxas do seguro escolar se eres menor de 28 anos (podes consultar en Instrucións como pagalo)

Pra alumnado que non cursou 1º no noso centro ou que provén doutros réximes. 

Debe formalizarse a reserva de praza no prazo establecido.
Unha vez publicada a listaxe de admitidos, matricularse antes do 15 de xullo ás 13h PRESENCIALMENTE no centro. Para iso debes:
        – Traer o anexo I cuberto (modelo na web) ou cubrilo presencialmente no centro.
        – Fotocopia do DNI e orixinal.
        – Xustificante de pago de taxas do seguro escolar impreso (para os menores de 28 anos).

OLLO!!!! TODO O ALUMNADO DE MODULAR DEBE reservar praza nos módulos adxudicados que queira cursar (SÓ DUN CICLO) online en ciclosadmisión. Ten que imprimir o resgardo e formalizar a matrícula PRESENCIALMENTE NO CENTRO coa primeira adxudicación.
Para formalizar a matrícula débese achegar:

  • solicitude impresa,
  • fotocopia do DNI e ORIXINAL, e o
  • resgardo de pago de taxas do seguro escolar se eres menor de 28 anos (podes consultar en Instrucións como pagalo)

Pode facerse a reserva de módulos en cada adxudicación de xeito online (non teñen que vir presencialmente ao centro).
Soen quedar prazas liberadas en cada adxudicación.

Empezan a saír prazas liberadas de modular e distancia.

Podes consultalas diariamente na web https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-2026-2027-prazas-liberadas .

A matriculación nestas prazas é presencialmente no centro e por orde de chegada.

Debes traer contigo toda a documentación requirida e tamén a titulación de acceso orixinal e copia para o seu cotexo.

Procedementos

Formulario de solicitude de matrícula para alumnado do centro.

PRAZO: do 1/07 ao 31/07 e do 1/09 ao 10/09 2026

Formulario de solicitude de matrícula 26/27 para alumnado que PROMOCIONA a 2º curso no réxime ordinario.

PRAZO: do 23/06 ao 30/06 2026

Para información sobre a matrícula no réxime modular/distancia, por favor, consultade AQUÍ

INSTRUCIÓNS

O pago do seguro escolar forma parte parte do proceso de matriculación anual, unha  vez adxudicada a praza:  

É obrigatorio para menores de 28 anos.
Ingresar 1.12€ na conta de ABANCA:

ES83 2080 0702 1730 4000 4918

No recibo/ resgardo de abono ten que figurar:

  • Destinatario: Escola de Formación Profesional de Imaxe e Son de A Coruña
  • Concepto: Seguro escolar + nome completo do/a alumno/a.
    Ex: Seguro Escolar María Pérez
  • A data de pago non pode ser anterior á data de adxudicación de praza.

MOI IMPORTANTE!
Debes descargar unha copia do recibo de pago para adxuntala xunto coa túa matrícula.

O pago das taxas do título realizaráse  telemáticamente neste enlace: ATRIGA
Os códigos que se piden na solicitude de pago son:

    • Consejería: 07: Educación, Universidade e Formación Profesional
    • Delegación: 13: Servicios Centrais
    • Servicio: 03: Ensino Medio
    • Tasa denominación: 302003: “Expedición de títulos académicos… LOE…”
    • Tasa denominación: 302001: “Expedición de títulos académicos… LOGXE…”

No campo “base de cálculo” indicarase “Título de Técnico Superior en [nome completo do ciclo]”.
Actualmente, o importe a ingresar coa tarifa “normal” (sin familia numerosa…) é de 54€

Importante: Unha vez realizado o pago, haberá que remitir ao centro os resgardos correspondentes (modelo 730) ao email  secretaria.cifp.imaxe.son@edu.xunta.gal  e un escaneo/foto do DNI para que podamos tramitar o título.

Se tes cualquera dúbida, consúltanos.

Unha vez tramitado, podemos facilitar un certificado académico completo, que  debería servir para calquera trámite.

Modelo Anexo I  para alumnado solicitante de matrícula que cursa no réxime Ordinario. 

IMPORTANTE – Debe ir ASINADO

Modelo Anexo II   para alumnado solicitante de matrícula que cursa nos réximes Modular / Distancia

IMPORTANTE – Debe ir ASINADO

Solicitudes

Solicitude xeral para efectos distintos aos das certificacións de notas, de matrícula e de riscos laborais.

Formulario para a solicitude de:

  • certificación académica,
  • certificación de matrícula
  • certificación en riscos laborais

No prazo de dous ou tres días o solicitante recibirá no seu correo o documento asinado electrónicamente.