Menú Cerrar

reunións informativas fct

Xoves 13 e martes 18 son as datas de celebración das varias charlas informativas que se ofrecen no noso CIFP sobre a FCT Dual e o módulo de FCT.

As charlas están destinadas ao alumnado do centro en calqueira modalidade e réxime que vaia cursar a FCT o vindeiro curso. As charlas terán lugar no Salón de Actos do centro.

FCT Dual
Xoves 13 ás 10:00 h, convocatoria para o alumnado de primeiro curso Ordinario. Información a cargo de Ángel Cordero, dinamizador de Dual.

Módulo FCT
Martes 18 ás 11:30 h convocatoria para todos os alumnos de Ordinario. Información a cargo de Isabel Romero, responsable do departamento de Relación con Empresas.
Martes 18 ás 18:30 h convocatoria para os alumnos de Modular. Información a cargo de Isabel Romero, responsable do departamento de Relación con Empresas.

Os alumnos de Distancia poden apuntarse a calquera das dúas convocatorias previo aviso á súa titora por mor do aforo.

Relacionado...