Alumos de Realización, gañadores no certame Cooperativismo no Ensino 2022 convocado pola Consellería de Emprego e Igualdade.
O obxectivo deste programa é difundir e promover o cooperativismo entre os diferentes niveis educativos, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.
Nesta edición, tres estudantes do ciclo de Realización, Anabel Soto, Kirsa Méndez e Pablo Romero, integrados nunha sociedade cooperativa xuvenil, alzáronse co premio ao mellor proxecto empresarial cooperativo co seu proxecto “Sentidiño”, traballando baixo a tutela da súa profesora do módulo de Empresa. O proxecto está adicado á audiodescripción e tradución e interpretación en linguaxe de signos de productos audiovisuais.
Ademáis do premio en metálico que constitúe o galardón do certame, “Sentidiño” terá a oportunidade de participar nos programas de emprendemento na economía social da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social.
Moitos parabéns!