Menú Cerrar

Premiado un proxecto de innovación do centro

Na recente convocatoria anual de proxectos de innovación que convoca a Dirección Xeral de Formación Profesional, foi premiado un proxecto presentado polo centro.

O proxecto leva por nome E agora que?“. Podcast ponte entre o espazo educativo e o mundo profesional. Aplicacións didácticas, e nel trátase de que o alumnado se implique na descuberta e na análise do mundo laboral
na actualidade, que estableza un diálogo colaborativo cos profesionais, e que esa análise e ese diálogo se difundan en pezas distribuídas en plataformas, ao alcance
de quen estea interesado.

A que resulta moi interesante? Ben, pois o alumnado xa empezou a quentar motores e xa se están a facer gravacións que axuden a comprender que é un podcast, qué requerimentos técnicos precisa, que capacidades persoais e grupais alimenta e a participar na emocionante e esixente experiencia de falar “en público” diante dun micro.

Podes escoitar os NOVE podcast xa gravados AQUÍ

Relacionado...