Azucena Santos Estévez e a súa titora Mónica Parada están esta semán en Madrid participando no campionato de FP a nivel nacional Spain Skills, co resto das comunidades autónomas.
Na delegación galega está Azucena, a nosa alumna de Animacións 3D, xogos e contornos interactivos, acompañada de Mónica, a súa titora e profesora. Están a vivir unha experiencia única na celebración do campionato Skills na súa fase nacional. Azucena participa na modalidade de Diseño de juegos y Animaciones 3D.
A competición ten lugar en Madrid, no recinto ferial (IFEMA) entre os días 22 e 25 de marzo de 2022. Nela compiten estudantes ou recén titulados en formación profesional do sistema educativo.
Moita sorte e feliz experiencia!