Menú Cerrar

Nómades, de Mala Herba Producións

Mala Herba Producións, as nosas viveiristas, veñen de estrear o seu primeiro proxecto: Nómades.

Esta serie dixital trata sobre dúas persoas moi distintas nunha etapa crucial das súas vidas, na que teñen que aprender a camiñar polo mundo dos adultos. Fala sobre a importancia de deterse a pensar, de desterrar a crenza de que se non somos produtivas non temos valor para a sociedade ou para nós mesmas.
 
Dirixida por Marta Ínsua, ex-alumna de Realización
Dirección de produción por Elena Mansinho, ex-alumna de Produción
Dirección de fotografía por Claudia Berro, ex-alumna de Imaxe
Pospo de son e coordinación técnica por Tamara Ochoa, ex-alumna de Son
 
Podedes seguir esta peza máis de cerca nas súas redes sociais @nomades_webserie, onde publicarán as próximas proxeccións. Non vola perdades!

Relacionado...