Azucena Santos Estévez obtén a medalla de prata en Spainskills 22 na modalidade "50 Deseño de xogos e animacións 3D", baixo a tutela e formación da súa titora Mónica Parada.
A participación de Galicia nas olimpíadas de FP a nivel nacional – Spainskills – celebradas en Madrid entre os día 22 e 25 de marzo, saldouse cun triunfo que leva a marca do noso centro.
A alumna do ciclo de Animacións 3D, xogos e contornos interactivos, Azucena Santos Estévez sube ao podio no segundo posto e recibe e medalla de prata na súa modalidade competitiva, engadindo así ao medalleiro da nosa comunidade (tres medallas de ouro, unha de prata e unha de bronce).
Moitas horas e esforzo adicadas á preparación desta competición, en equipo coa súa profesora e titora de Skills, Mónica Parada Gandos, e moita ilusión tamén, sáldanse cun grande triunfo persoal e para a FP galega.
Non só estiveron en Madrid, Azucena e Mónica, tamén estiveron Marta, Anxo, Candela e Rodrigo de ICTI facendo fotos e vídeos para a Xunta.
Parabéns a todos e todas por un traballo ben feito!