Un ano máis o CIFP Imaxe e Son é fiel á cita cos proxectos de innovación que a FP galega celebra na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Tres días (e algún máis) adicados á exposición e difusión pública dos traballos de investigación que se desenvolveron no último ano e que finalmente ven a luz nesta convocatoria anual.
Outro ano que o noso alumnado e máis o noso centro homólogo de Vigo encargáronse de nos facer chegar en streaming os aconteceres diarios da féria e as entrevistas dos participantes. Grazas polo voso bon facer!
E ademáis nesta convocatoria, o CIFP Imaxe e Son tamén tivo presencia como centro coordinador e participante nun proxecto de innovación no que comparte protagonismo co CIFP Ánxel Casal-Monte Alto, CIFP Paseo das Pontes e CIFP Someso chamado “Materiais universais de estimulación sensorial” que foi de grande aceptación polo público.
Tedes máis información no Instagram do centro.