Menú Cerrar

FALEMOS DE CINE

Acoordinación de Dinamización da Língua Galega do CIFP Imaxe e Son pon en marcha un cine fórum mensual no que falar de cine.

A coordinación  de Dinamización Lingüística do CIFP Imaxe e Son propón a alumnado e docentes por igual a participación nun cine fórum mensual coa idea de xuntarse para para falar (en galego, claro) da película proposta. E así, a xuntanza non é para ver a película, senón para falar sobre ela.
 
A temporalización de Falemos de cine vai ser inicialmente  dun día ao mes, os venres de 16:30 a 18:00. E para que teña lugar o evento terá que haber un mínimo de tres persoas rexistradas. Será online ou presencial no entro, dependendo da proposta máis votada.
 
Estades todos convidados a participar e sodes máis que benvidos. Non é preciso que ter grandes teses sobre as películas, trátase só de reunirse para falar do que nos suxiren ou das preguntas que nos plantexan.
 
Este curso a proposta é:

         17 de marzo: Encallados (pasaremos un link de visionado aos que se apunten ao forum)
         20 de abril: As bestas (agora mesmo está anunciada a súa estrea en Movistar+)
         18 de maio: O que arde (dispoñible en HBO Max, Filmin, etc.)

>>>> Anímate a participar e INSCRÍBETE no cine fórum para cada unha das películas das que queras falar !!!!
 

Relacionado...