Menú Cerrar

Mobilidade docente en Cuba

Os profesores Fran Negreira e Ariadna Leis están nunha mobilidade en Cuba establecendo contactos con diferentes organismos e institucións do eido escénico e audiovisual grazas a unha mobilidade Erasmus+ da Consellería de Educación.

Dúas das visitas máis salientables foron a Escola Internacional de Cine e Televisión, onde se reuniron coa coordinadora internacional, Yaima Iser e María Julia Grillo, coordinadora académica para establecer vínculos entre as escolas e posibles convenios de colaboración. Tamén estiveron impartindo unha conferencia ao alunnado do Centro de Estudios de Radio y Televisión, todos eles traballadores da televisión cubana e a radio. 

Recibiunos a directora, Ivonnes Inés Díaz, e tamén con ela abordaron posibles proxectos colaborativos. Entre as institucións visitadas destacan o teatro Alicia Alonso, que comparte edificio co Centro Galego. E desprazáronse tamén a un dos lugares de referencia de expresións artísicas e culturais da Habana, La Fábrica del arte. 

Xa por último, rematan a súa estadía visitando o estudio de produción de efectos audiovisuais El Remache. Unha moi boa experiencia que seguro que traerá grandes vínculos futuros.

Relacionado...