Menú Cerrar

Formación Pantalla LED

O martes 20 de decembro ten lugar a formación a docentes sobre o uso da nova pantalla LED.

No proxecto de aulas tecnolóxicas que presentamos, e que resultou premiado, incluíase unha formación para profesores para coñecer a tecnoloxía da pantalla, procesos de montaxe e desmontaxe, conexionado e utilización. Esta formación levará a cabo o martes 20 de Decembro en horario de tarde a partir das 17:00 ata, aproximadamente, as 20:00.

Despois de esperar longo tempo por fin chéganos a ansiada pantalla LED que nos permitirá mellorar a experiencia dos nosos alumnos no estudio de TV, teatro, bolos e outros usos que poidan xurdir. A modo de resumo, describir esta pantalla como tipo “renting”, ou sexa que se pode desmontar e transportar facilmente, e conta con todo o equipamento necesario para o seu despregamento; son 12m2 e pódense modular a vontade (a relación de aspecto non está cinguida aos típicos 4:3, 16:9 ou 16:10)

Relacionado...