Menú Cerrar

A derradeira lección do mestre

Gustavo Pernas pertence a esa caste de mestres que nunca dan a derradeira lección, porque as súas leccións están espalladas no tempo e na memoria de cantos tivemos a honra de escoitalo, sexa dentro da aula sexa fóra dela.

Son ese tipo de leccións que non teñen vocación de seu, que se visten doutra cousa, que representan unha idea cando agachan múltiples ideas, que xogan coas palabras para convertelas en conceptos, e xogan cos conceptos para convertelas en palabras e aire que espalla conceptos e palabras para trocalos en ideas. As ideas que dan forma a un xeito de entender o mundo, e de vivilo, mesturado en xogo, reinvindicación e representación para entreternos, para sensibilizarnos, para berrarnos e acubillarnos. Para facer de nós o mundo, e facer un mundo de nós. Para querernos e para querelo. Para sempre amigo, compañeiro, irmán. Para sempre Gustavo.

Relacionado...