Para acceder á aplicación de FP a distancia:
1.- Abre a túa conta de correo, a mesma que usaches no proceso de matrícula, que seguramente sexa a mesma que usas a diario.
2.- Busca un correo enviado dende unha extensión edu.xunta.gal. Se non o atopas na bandexa de entrada, busca na bandexa de SPAM.
3.- Ese correo contén un enlace que che vai permitir crear a túa conta de acceso, tanto o Usuario como o contrasinal. Este contrasinal podes modificalo.
4.- Unha vez creada a conta, accede á aplicación na seguinte dirección: https://fpadistancia.edu.xunta.gal/ Verás os módulos nos que estás matriculado e un módulo de titoría, onde se colga toda a información relativa ó ciclo.
5.- Premendo sobre os módulos accedes ó seu contido.
6.- IMPORTANTE: Se non recibiches o correo co enlace para configurar a túa conta, contacta coa Unidade de Atención a Centros para que cho envíen de novo: uac@edu.xunta.gal ou chama ó 881997701.