Menú Cerrar

Inauguración DO curso 18/19

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou o 18 se setembro o CIFP Imaxe e Son, na Coruña, un dos centros de Formación Profesional de referencia nestas ensinanzas en Galicia, cuxas clases comezaron o día 17 con 764 matriculados.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou o 18 se setembro o CIFP Imaxe e Son, na Coruña, un dos centros de Formación Profesional de referencia nestas ensinanzas en Galicia, cuxas clases comezaron o día 17 con 764 matriculados.

Román Rodríguez fixo un percorrido polas aulas especializadas e completamente equipadas como son as de Animación 3D (de feito é un único centro de Galicia que oferta o grao superior de Animacións 3D, xogos e contornos interactivos), a zona de artes escénicas e teatro, os platós de gravación e fotografía e os estudos de gravación de son e dobraxe.

O conselleiro destacou a importante aposta da Xunta coa FP e de feito nos últimos dez anos a FP galega foi obxecto dunha profunda transformación e adaptación ás demandas do tecido socio produtivo así como aos novos retos dun mundo cada vez máis informatizado, interconectado e globalizado.

Ademais da implementación da oferta de ciclos formativos e a dotación infraestrutural para poder impartilos, cómpre destacar a aposta polo modelo plurilingüe no ámbito da Formación Profesional, coa implantación do PluriFP en 22 centros, 15 dos cales son de nova incorporación este ano, como é o caso do CIFP Someso e do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto, ambos na Coruña.

Na visita o conselleiro estivo acompañado do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, do secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén; do director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; e do director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, entre outros.

Relacionado...