Menú Cerrar

CIRCULAR INFORMATIVA BOLSAS DE ESTUDO MEC : DEREITO A CONTÍA DE RESIDENCIA

Coa intención de resolver as dúbidas do alumnado, se remite esta circular informativa sobre as contías de residencia nas bolsas de estudo.

Teñen dereito a contía de residencia os/as alumnos e alumnas matriculados/as na modalidade de REXIME ORDINARIO e presencial, sempre e cando cumplan os requisitos académicos e económicos, no seguintes estudos:

  • BACH (ARTES)
  • CFGM, CFGS
  • TITULOS SUPERIORES EQUIVALENTES A GRAO

Non teñen dereito a contía de residencia os dos seguintes rexímenes académicos e familiares:

  • Adultos
  • Semipresencial
  • A distancia
  • Matrícula Parcial
  • Economicamente Independentes

Tampouco os dos seguintes estudos:

  • Grao Profesional de Música
  • Escolas de Idiomas
  • FP Básica
  • Outros Bacharelatos que non sexan de Artes

TRÁMITE:

  • Os alumnos e alumnas de 1º CURSO que aspiren a esta contía deben  solicitar en primeiro lugar os centros nos que se imparta o ciclo que desexen cursar e que estén máis preto do seu domicilio. No caso de que non obteñan praza poderán optar a contía en calquera outro centro, sempre e cando vivan nun piso de aluguer ou nunha residencia, cunha distancia maior de 25 kms ao seu domicilio ou cando se entenda que polos horarios lectivos ou os medios de transporte é necesario residir fóra da residencia habitual da unidade familiar.
  • Todos aqueles que estudien 2º curso terán dereito a contía sempre e cando a disfrutaran no ano anterior e continúen matriculados no mesmo centro.
  • Debe ter sempre a dispor da unidade de trámite por se foran requiridos os documentos que acrediten a residencia de vivenda ou habitación (contratos de alugamento), tamén se inclúen outro tipo de residencias, excepto aquelas vivendas que pertenzan a un familiar.

Máis información:

Sección de Bolsas
Xefatura Territorial da Coruña
Consellería de Cultura, Educación e Universidade 
Rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar. 
Telefóno 981 184 741/ 981 184 742/ 981 185 725

Relacionado...