Menú Cerrar

Animacción na EIS

O festival internacional de animación Animacción estrea a VI edición neste mes de decembro e a nosa Escola é un dos lugares de proxección das animacións participantes.

O alumnado do ciclo de Animacións será público e xurado privilexiado nos dous pases que se farán o luns 12 de decembro no salón de actos.

Os pases das curtas participantes terán lugar ás 12 da mañá para o alumnado de 1º e 2º ordinario, e ás 5 da tarde para o alumnado de 1º e 2º ordinario e máis o grupo de Modular.

Podes consultar a citas do Festival e as novas no Facebook de  Animacción 

Relacionado...