Menú Cerrar

Acceso á universidade dende a FP

PAU - PROBAS ACCESO Á UNIVERSIDADE 2026 PARA ALUMNADO DE FP 

 SOLICITUDE DE MATRICULA PROBAS ACCESO Á UNIVERSIDADE (PAU)

SOLICITUDE ORDINARIA ALUMNADO FP. CONVOCATORIA ORDINARIA. Do 4 ao 18 de maio na aplicacción NERTA

DESCARGA O TRÍPTICOelaborado polo departamento de Orientación para ter toda a información relativa a :

   – Quén pode matricularse
   – Procedimento e matriculación
   – Prazos, exencións e axudas
   – Publicación da listaxe de matriculados
   – Datas e horas dos exames
   – Presentación e normas de realización
   – Publicación das cualificacións
   – Revisión das cualificacións
   – Alumnado con NEAE
   – Información de interese

NOTA IMPORTANTE 1:

* No caso do alumnado procedente de ciclos de FP é necesario que teña feito o abono das taxas para a expedición do título e que o centro de FP teña feito o transvase do expediente completo de Xade a Nerta (por elo deben notificarlle ao Secretario esta cuestión por correo electrónico a este enderezo cifp.imaxe.son@edu.xunta.gal e no asunto indicar. Á atención do Secretario).

NOTA IMPORTANTE 2: Os días festivos non hai soporte para resolver os problemas que poidan xurdir.

Suxírese que se faga a matrícula no primeiro día do prazo para poder resolver calquera incidente que poida xurdir. Durante o período de matrícula, o alumnado que non se matricule, deberá confirmar o interese en seguir nas listaxes da CiUG (de non confirmalo, entenderase que xa non ten interese nas titulacións solicitadas e decaerá nos seus dereitos).

SOLICITUDE DE ADMISIÓN (PREINSCRICIÓN) EN TITULACIÓNS CON LÍMITE DE PRAZAS EXISTENTES NAS UNIVERSIDADES DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA CURSO 2025/26

PAU – PROBAS ACCESO Á UNIVERSIDADE 2026 PARA ALUMNADO DE FP 

SOLICITUDE DE MATRICULA PROBAS ACCESO Á UNIVERSIDADE (PAU)

SOLICITUDE ORDINARIA. Do 04 ao 18 de maio ás 14 h.

Onde?

NOTA IMPORTANTE 1:

* No caso do alumnado procedente de ciclos de FP é necesario que teña feito o abono das taxas para a expedición do título e que o centro de FP teña feito o transvase do expediente completo de Xade a Nerta (por elo deben notificarlle ao Secretario esta cuestión por correo electrónico a este enderezo cifp.imaxe.son@edu.xunta.gal e no asunto indicar. Á atención do Secretario).

NOTA IMPORTANTE 2: Os días festivos non hai soporte para resolver os problemas que poidan xurdir.

Suxírese que se faga a matrícula no primeiro día do prazo para poder resolver calquera incidente que poida xurdir. Durante o período de matrícula, o alumnado que non se matricule, deberá confirmar o interese en seguir nas listaxes da CiUG (de non confirmalo, entenderase que xa non ten interese nas titulacións solicitadas e decaerá nos seus dereitos).

UNIVERSIDADE. MATRÍCULA CONVOCATORIA ORDINARIA E EXTRAORDINARIA

ORDINARIA

1º PRAZO.

  • PUBLICACIÓN DA LISTAXE. 8 XULLO.
  • PERIODO DE MATRÍCULA: DO 9 A 10 DE XULLO

2º PRAZO.

  • PUBLICACIÓN DA LISTAXE. 14 XULLO.
  • PERIODO DE MATRÍCULA: DO 15 A 16 DE XULLO

3º PRAZO.

  • PUBLICACIÓN DA LISTAXE. 18 XULLO.
  • PERIODO DE MATRÍCULA: DO 19 A 21 XULLO.

ORDINARIA E EXTRAORDINARIA

4º PRAZO.

  • PUBLICACIÓN DA LISTAXE. 24 XULLO.
  • PERIODO DE MATRÍCULA: DO 25 A 28 XULLO

5º PRAZO.

  • PUBLICACIÓN DA LISTAXE. 29 DE XULLO.
  • PERIODO DE MATRÍCULA: DO 30 A 31 DE XULLO.

6º PRAZO.

  • PUBLICACIÓN DA LISTAXE. 3 SETEMBRO.
  • PERIODO DE MATRÍCULA: DO 4 A 5 DE SETEMBRO.

 

UNIVERSIDADE. PROCESO DE INSCRICIÓN E MATRÍCULA . PREGUNTAS FRECUENTES

1) Cantas titulacións podo solicitar?

  • Podes solicitar un máximo de cinco titulacións diferentes e un máximo de dez solicitudes se algunhas son repetidas. Non é obrigatorio solicitar o máximo de titulacións, é dicir, unha persoa pode solicitar unha única titulación do sistema universitario de Galicia.

2) É importante a orde en que solicito as titulacións?

  • Si. A orde ten a máxima importancia, porque a admisión faise de acordo coa orde solicitada e non se pode cambiar unha vez iniciado o proceso.

3) Que debo facer se me convocan nunha titulación e todas as que solicitei con maior preferencia aparecen como pechadas?

  • Neste caso tes que matricularte. As titulacións que solicitaches con menor preferencia xa aparecen liberadas e, se non te matriculas, a túa praza será ocupada pola seguinte persoa na listaxe de agarda e quedas fóra do sistema.

4) Que debo facer se me convocan nunha titulación pero eu marquei outra(s) con maior preferencia e aínda non está(n) pechada(s)?

  • Nese caso debes volver a confirmar que segues interesado en permanecer nas listaxes da CiUG.
  • Se cambiaches de idea e desexas matricularte na que estás convocada/o podes facelo pero acabas o proceso. Xa non podes cambiar de matrícula.
  • As que marcaches con maior preferencia e que están pechadas, neste momento do proceso de admisión é como se non as solicitases.
  • Se estás convocado para matricularte nunha titulación e todas as que solicitaches con maior preferencia están pechadas tes que matricularte, de non facelo perdes todos os teus dereitos de matrícula.
  • Despois de cada chamamento, se non te matriculas, debes volver a confirmar que segues interesado en permanecer nas listaxes da CiUG.

5) Ata cando podo estar en listaxe de agarda dunha titulación?

  • Se despois de cada chamamento volves confirmar que segues interesado/a en seguir nas listaxes da CIUG, podes agardar sen matricularte noutra ata que a titulación apareza como pechada.

6) O estudantado de ciclos formativos de grao superior accede á universidade coa súa cualificación de admisión en igualdade de condicións ca o estudantado de bacharelato ou hai unha porcentaxe de prazas exclusiva para FP?

  • Acceden en igualdade de condicións. Non hai unha porcentaxe específica para FP.

7) Son un/unha estudante de ciclos formativos de grao superior e o meu ciclo non está relacionado cun determinado grao universitario. Podo acceder a el?

  • Si. A vía de acceso desde un ciclo formativo de grao superior permite acceder a calquera grao universitario, considerando como primeiro criterio de admisión a cualificación final do ciclo mais a suma das cualificacións ponderadas da fase voluntaria.

+info: