Menú Cerrar

ADMISIÓN a ciclos formativos

acceso > probas de acceso | admisión a ciclos  | matrícula |      ORIENTACIÓN
ADMISIÓN curso 2022/2023

Proceso de admisión a ciclos formativos de grao superior no CIFP Imaxe e Son

TRIPTICO INFORMATIVO
DO DEPARTAMENTO

PRAZOS DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 22-23

Con carácter xeral establécense dous períodos para o desenvolvemento do proceso de admisión.

    PERÍODO ORDINARIO

  • PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 23 de xuño ao 05 de xullo ás 13 horas. 
    • Publicación da Listaxe provisional de Solicitudes: 8 de xullo
    • Reclamación á Listaxe Provisional: 8 ao 12 de xullo ás 13 horas.
    • Listaxe Definitiva de Solicitudes: 19 de xullo
  • 1ª ADXUDICACIÓN DE PRAZAS: 19 xullo
  • MATRICULACIÓN DA 1ª ADXUDICACIÓN: 19 ao 22 de xullo ás 13.00h.
  • 2ª Adxudicación: 27 de xullo.
  • Matriculación da 2ª Adxudicación: 27 ao 29 de xullo ás 13.00h.
  • 3º adxudicación: 2 de setembro
  • Matriculación da 3º Adxudicación: 2 ao 6 de setembro ás 13 horas

    PERÍODO SOLICITUDE MATRÍCULA SIMULTÁNEA

  • Presentación de solicitudes (sempre que existan prazas dispoñibles): 12 ao 15  de setembro ás 13 horas
  • Matriculación (sempre que existan prazas dispoñibles e con resolución positiva do servizo de inspección educativa) 21 ao 23 de setembro ás 13 h.

    OFERTA DE VACANTES DE MÓDULOS DO RÉXIME ORDINARIO PARA O RÉXIME DE ADULTOS

  • 9 ao 23 de setembro

LUGARES E OPCIÓNS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

AS SOLICITUDES DEBERÁN PRESENTARSE EN PAPEL NA SECRETARÍA DUN CENTRO EDUCATIVO CON OFERTA DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO MEDIO OU DE GRAO SUPERIOR SOSTIDA CON FONDOS PÚBLICOS.

A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo www.edu.xunta.gal/ciclosadmision.  Vídeo – Axuda para a creación dunha solicitude de admisión.

O asistente web para realizar unha solicitude de admisión a ciclos formativos só estará dispoñible durante os periodos de presentación de solicitudes.

DISTRIBUCIÓN DAS PRAZAS DISPOÑIBLES NA COTA XERAL

Establécense TRES GRUPOS segundo o tipo de requisitos de acceso:

    1º. GRUPO A

Ata un 70% DAS PRAZAS ofreceráselles ás persoas que teñan o título de bacharelato. (Moi importante: A preferencia de acceso aos cinco ciclos de Imaxe e Son é a modalidade de Ciencias)

   2º. GRUPO B

Un 20% DAS PRAZAS ofreceráselle a quen posúa un título de técnico de formación profesional (Preferencia para os titulados do ciclo Medio de Vídeo disc-jockey e son)

  3º. GRUPO C

Un 10% DAS PRAZAS ofreceráselle a quen teña superada a proba de acceso para os ciclos formativos de grao superior, ou a quen teña outros requisitos de acceso recollidos na normativa.

Do total de prazas que se ofrecen, reservarase un 10% para persoas que teñan legalmente recoñecida unha discapacidade maior ou igual a 33%.

Todos os ciclos formativos poderán dispor dun 5% adicional de prazas reservadas para as persoas que cumpran os requisitos de deportista galego de alto nivel.

CRITERIOS DE PRIORIDADE DENTRO DE CADA GRUPO

De non existir prazas suficientes para atender todas as solicitudes, cumprirá establecer unha orde de prioridade no acceso para o ciclo de grao superior solicitado para cada un dos grupos.

   GRUPO A

Relación ordenada de requisitos de acceso de MAIOR A MENOR PRIORIDADE.

Dentro de cada apartado as solicitudes ordenaranse de maior a menor nota de acceso:

1º. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, e coas materias vinculadas, que se determina no currículo do ciclo. A nota media, de maior a menor, das materias vinculadas empregarase nos casos de empate da nota media do bacharelato.

2º. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, pero sen algunha das materias vinculadas, que se determina no currículo do ciclo.

3º. Alumnado con título de bacharelato sen modalidade preferente das determinadas no currículo do ciclo. Alumnado que superase COU ou PREU.

4º. Alumnado con certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato (regulado na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa) da modalidade preferente que se determina no currículo do ciclo.

5º. Alumnado con certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato (regulado na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa) sen a modalidade preferente que se determina no currículo do ciclo. 6º. Alumnado con título de bacharelato unificado e polivalente (BUP).

    GRUPO B

Relación ordenada de requisitos de acceso de MAIOR A MENOR PRIORIDADE. Dentro de cada apartado, as solicitudes ordenaranse de maior a menor nota de acceso (no caso de posuír máis dun título de técnico de formación profesional terá que escoller o que desexe alegar como condición de acceso):

1º. Alumnado con título de técnico de formación profesional da mesma familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.

2º. Alumnado con título de técnico de formación profesional de diferente familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.

    GRUPO C

Relación ordenada de requisitos de acceso de MAIOR A MENOR PRIORIDADE. Dentro de cada apartado, as solicitudes ordenaranse de maior a menor nota de acceso:

1º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

2º. Alumnado con proba de acceso a universidade para maiores de 25 anos.

3º. Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista.

4º. Alumnado con título universitario.

En caso de empate entre varias persoas que soliciten un mesmo posto escolar, e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado no ciclo formativo solicitado na matrícula do curso anterior en que se demande a praza de formación. De persistir o empate, resolverase mediante as letras de desempate da resolución do sorteo público para os procesos de admisión que anualmente publica a Consellería de Cultura, Educación e O. U.

SELECCIÓN DOS REQUISITOS DE ACCESO (MOI IMPORTANTE)

En caso de que a persoa solicitante teña máis dun requisito de acceso dos establecidos legalmente, terá que seleccionar de acordo á seguinte orde:

  1. Título universitario.
  2. Título de técnico superior
  3. Técnico especialista.
  4. Título de bacharelato LOXSE
  5. Título de bacharelato LOE
  6. Título bacharelato LOMCE.
  7. Certificado de superación de todas as materias do bacharelato LOMCE.
  8. C.O.U./P.R.E.U./bacharelato sen modalidade ou outros equivalentes.
  9. B.U.P.
  10. Título de técnico
  11. Titulo de Técnico Auxiliar

E dicir, se unha persoa ten unha titulación universitaria e tamén un titulo de técnico Superior, terá que sinalar unicamente o titulo universitario. Se por exemplo se ten un titulo de técnico superior e tamén un de técnico, ten que sinalarse unicamente o de Técnico superior…

En caso de non facelo así as solicitudes serán excluídas do proceso de admisión.

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR OFERTADOS NO C.I.F.P. IMAXE E SON

NOTA IMPORTANTE . Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta sección contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente.