Menú Cerrar

Cultura Emprendedora

Emprendemento> cultura emprendedora | aula de emprendemento  |  viveiro de empresas

No CIFP Imaxe e Son foméntase o desenvolvimento do espírito emprendedor mediante numerosas actuacións da Coordinación de Emprendemento, que teñen como función xeral levar a cabo accións encamiñadas a reforzar a aprendizaxe e motivación do alumnado dende o punto de vista empresarial, con axudas externas de organismos públicos, como a Xunta ou o Concello, e organizacións como fundacións e asociacións, entre as que queremos destacar expresamente a Fundación Ronsel e Espazocoop, que levan colaborando anos colaborando con nós.

Un aspecto que a Coordinación de emprendemento da Escola de Imaxe e Son valora de forma moi concreta é a necesidade de fomentar a creación de empresas dende o punto de vista dos ODS (obxectivos de desenvolvemento sostible), concienciando da necesidade de aportar sempre algo positivo a sociedade, seguindo a Axenda 2030 de Naciones Unidades e trasladada á lexislación do noso país.