Menú Cerrar

FILM CLUB da EIS

Hoxe (mércores 3 de febreiro) remata o prazo para sumarse á primeira sesión do novo Film Club da EIS, un encontro quincenal para falar de cine, practicar o noso inglés e aumentar o contacto (virtual) entre xente dos distintos ciclos.

Cada quince días, os martes ás 16:30 horas -en principio vía Webex, senón cambian as circunstancias- organizaremos un encontro para falarmos dunha película que se escollerá a semana anterior. O encontro é só para falar das pelis, que cada un visionará pola súa conta.

O encontro está aberto a toda a comunidade da EIS e tamén a ex alumnos que estéan interesados en participar.

Para inscribirse e obter máis información:  https://forms.gle/auXs8pHZCeNfgRzm6