Menú Cerrar

Alumnos da EIS gañan INICIA

Os alumnos de Animación Jessica Freire, David Alonso, Sergio Ramallo e Manuel González foron os gañadores do XII Premio Proxecto Inicia co seu proxecto empresarial ” Go Level Up” para a creación de niveis e personaxes 3D para videoxogos.

O programa persegue a difusión e implantación do espírito emprendedor empresarial entre o alumnado de Ciclos Formativos e Ensinos Especiais radicados na cidade. O proxecto  foi galardonado co primeiro premio de entre 15 candidatos.

Relacionado...