Menú Cerrar

a eis en innova 2019

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional organiza FP Innova Galicia 2019, Congreso de Innovación na Formación Profesional, que ten lugar entre os días 8 e 10 de maio na Cidade da Cultura de Galicia.

O CIFP Imaxe e Son participa cun set de TV no que son entrevistados os protagonistas de INNOVA e distintas personalidades, coma o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e Carmen Pomar Tojo, Conselleira de Educación, Universidad e Formación Profesional.