Convocatoria de bolsas para estadías no estranxeiro para alumnado de centros da Consellería que curse ciclos formativos de grao superior en Fotografía ou en Iluminación, Captación e Tratamento de Imaxe
A Xunta convoca 4 bolsas para alumnado de:
▪️ FP Superior en Iluminación, Captación e Tratamento de Imaxe
▪️ Artes Plásticas e Deseño en Fotografía
A estadía será no prestixioso Royal College of Art de Londres durante o 1º trimestre do curso 2026/27.
Requisitos principais:
• Estar matriculado/a en 2º curso no 2025/26
• Ter superados 1º e 2º cursos antes de rematar o prazo
• Acreditar inglés B2 ou superior
• Presentar CV + portfolio + proxecto fotográfico
📅 Prazo de solicitude:
Do 18 ao 30 de xuño de 2026 na secretaría do centro educativo.
📝 Como se selecciona?
1️⃣ Valoración de méritos (idiomas, expediente e portfolio)
2️⃣ Entrevista persoal en Santiago o 21 de xullo
A resolución publicarase antes do 24 de xullo na web da Xunta.
Máis información e convocatoria completa no portal da
Xunta de Galicia – Convocatoria Bolsas MOP