CIFP Imaxe e son iniciou o novo curso 25-27 comprometido coa mobilidade de persoal financiado por Erasmus+.
CIFP Imaxe e son en colaboración con INTERSECCIÓN festival internacional de cine de A Coruña organizamos durante a primeira semana de outubro o “World Film School Meeting”, un espazo de reflexión sobre cine e ensino no que participaron estudantes e docentes da Facultade de cine e televisión de Pristina (Kosovo) e da Facultade de Artes de Tirana (Albania). Tivemos que lamentar que o equipo procedente da Universidade Eduardo Mandlane de Maputo (Mozambique) non puderon incorporarse á cita como estaba previsto.
Unha semana despois da WFSM, Marigona, Klaudia, Pravera e Orgesa, alumnas das facultades anteriormente referidas participaron na producción dun videoclip con alumnado de primeiro curso de CIFP Imaxe e son.
A mediados de outubro, José Antonio e Mateo, estudantes recén titulados de Realización de audiovisuais e espectáculos, viaxaron a Estanbul para iniciar a súa moblidade de formación práctica de longa duración na empresa de televisón EKOL TV. E esta semana CIFP Imaxe e son e ERASMUS+ acabamos de asinar os novos convenios nos que se acorda o financiamento de mobilidades para o presente curso.

Das actividades xa iniciadas e das novas posibilidades de
mobilidade para estudantes e persoal falaremos nas sesións
informativas que terán lugar en CIFP Imaxe e son este xoves día 16
de outubro con motivo da celebración do ERASMUS DAYS.

