Menu Close

Acceso á universidade dende a FP

SOLICITUDE DE ADMISIÓN (PREINSCRICIÓN) EN TITULACIÓNS CON LÍMITE DE PRAZAS EXISTENTES NAS UNIVERSIDADES DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA CURSO 2022/2023

PREINSCRICIÓN

SOLICITUDE ORDINARIA. Do 21 ao 30 de xuño ás 14:00 h.

Onde?

MATRÍCULA CONVOCATORIA ORDINARIA

1º PRAZO.
PUBLICACIÓN DA LISTAXE. 14 XULLO.
PERIODO DE MATRÍCULA: DO 15 A 18 DE XULLO

2º PRAZO.
PUBLICACIÓN DA LISTAXE. 22 XULLO.
PERIODO DE MATRÍCULA: DO 23 A 27 DE XULLO

3º PRAZO.
PUBLICACIÓN DA LISTAXE. 29 XULLO.
PERIODO DE MATRÍCULA: DO 30 A 22 DE XULLO AO 02 DE AGOSTO

4º PRAZO.
PUBLICACIÓN DA LISTAXE. 04 AGOSTO
PERIODO DE MATRÍCULA: DO 4 A 5 DE AGOSTO

5º PRAZO.
PUBLICACIÓN DA LISTAXE. 09 AGOSTO
PERIODO DE MATRÍCULA: DO 10 A 11 DE AGOSTO.

6º PRAZO.
PUBLICACIÓN DA LISTAXE. 2 SETEMBRO
PERIODO DE MATRÍCULA: DO 3 A 6 DE SETEMBRO

7º PRAZO.
PUBLICACIÓN DA LISTAXE. 6 AGOSTO.
PERIODO DE MATRÍCULA: DO 7 A 10 DE AGOSTO

8º PRAZO.
PUBLICACIÓN DA LISTAXE. 11 AGOSTO.
PERIODO DE MATRÍCULA: DO 12 A 13 DE AGOSTO

NOTA IMPORTANTE: Os días festivos non hai soporte para resolver os problemas que poidan xurdir.

Suxírese que se faga a matrícula no primeiro día do prazo para poder resolver calquera incidente que poida xurdir. Durante o período de matrícula, o alumnado que non se matricule, deberá confirmar o interese en seguir nas listaxes da CiUG (de non confirmalo, entenderase que xa non ten interese nas titulacións solicitadas e decaerá nos seus dereitos).

PROCESO DE INSCRICIÓN E MATRÍCULA. PREGUNTAS FRECUENTES

1) Cantas titulacións podo solicitar?

  • Podes solicitar un máximo de cinco titulacións diferentes e un máximo de dez solicitudes se algunhas son repetidas. Non é obrigatorio solicitar o máximo de titulacións, é dicir, unha persoa pode solicitar unha única titulación do sistema universitario de Galicia.

2) É importante a orde en que solicito as titulacións?

  • Si. A orde ten a máxima importancia, porque a admisión faise de acordo coa orde solicitada e non se pode cambiar unha vez iniciado o proceso.

3) Que debo facer se me convocan nunha titulación e todas as que solicitei con maior preferencia aparecen como pechadas?

  • Neste caso tes que matricularte. As titulacións que solicitaches con menor preferencia xa aparecen liberadas e, se non te matriculas, a túa praza será ocupada pola seguinte persoa na listaxe de agarda e quedas fóra do sistema.

4) Que debo facer se me convocan nunha titulación pero eu marquei outra(s) con maior preferencia e aínda non está(n) pechada(s)?

  • Nese caso debes volver a confirmar que segues interesado en permanecer nas listaxes da CiUG.
  • Se cambiaches de idea e desexas matricularte na que estás convocada/o podes facelo pero acabas o proceso. Xa non podes cambiar de matrícula.
  • As que marcaches con maior preferencia e que están pechadas, neste momento do proceso de admisión é como se non as solicitases.
  • Se estás convocado para matricularte nunha titulación e todas as que solicitaches con maior preferencia están pechadas tes que matricularte, de non facelo perdes todos os teus dereitos de matrícula.
  • Despois de cada chamamento, se non te matriculas, debes volver a confirmar que segues interesado en permanecer nas listaxes da CiUG.

5) Ata cando podo estar en listaxe de agarda dunha titulación?

  • Se despois de cada chamamento volves confirmar que segues interesado/a en seguir nas listaxes da CIUG, podes agardar sen matricularte noutra ata que a titulación apareza como pechada.

6) O estudantado de ciclos formativos de grao superior accede á universidade coa súa cualificación de admisión en igualdade de condicións ca o estudantado de bacharelato ou hai unha porcentaxe de prazas exclusiva para FP?

  • Acceden en igualdade de condicións. Non hai unha porcentaxe específica para FP.

7) Son un/unha estudante de ciclos formativos de grao superior e o meu ciclo non está relacionado cun determinado grao universitario. Podo acceder a el?

  • Si. A vía de acceso desde un ciclo formativo de grao superior permite acceder a calquera grao universitario, considerando como primeiro criterio de admisión a cualificación final do ciclo mais a suma das cualificacións ponderadas da fase voluntaria.

+info:

TÁBOAS DE PONDERACIÓNS 2022-2023.

NOTAS DE CORTE: