OFERTA FORMATIVA> animación | iluminación | produción | realización | son | modular | distancia | AFD
CSIMS02 - REALIZACIÓN DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS E ESPECTÁCULOS
Organizar e supervisar a preparación, a realización e a montaxe de proxectos audiovisuais filmados, gravados ou en directo, así como rexer os proceso técnicos e artísticos de representación de espectáculos en vivo e eventos, coordinando os medios técnicos e humanos e controlando o contido, a forma, o proxecto artístico e a calidade establecida.
Sector da produción e realización de calquera tipo de programas audiovisuais (cine, vídeo, multimedia, televisión e novos medios), e no da produción e a realización de espectáculos (artes escénicas, producións musicais e eventos).
Axudante de dirección en cine.
Axudante de realización de vídeo.
Axudante de realización de televisión.
Responsable de área de audiovisuiais (en empresas alleas á actividade).
Montador/a de cine.
Editor/a de vídeo.
Xefe/a de rexedoría.
Rexedor de espectáculos en vivo.
Rexedor de eventos.
Rexedor de paredes.
Técnico superior de realización de proxectos audiovisuais e espectáculos
Currículos dos ciclos da familia profesional de Imaxe e Son – Páxina oficial Xunta
CSIMS02 Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos
| CÓDIGO E NOME DO MÓDULO | HORAS |
| MP0910 . Medios técnicos audiovisuais e escénicos | 130 |
| MP0906 . Planificación da montaxe e a posprodución de audiovisuais | 153 |
| MP0904 . Planificación da realización en televisión | 160 |
| MP0908 . Planificación da rexedoría de espectáculos e eventos | 160 |
| MP0902 . Planificación da realización en cine e vídeo | 160 |
| MP1709. Itinerario persoal para a empregabilidade I | 107 |
| MP0179. Inglés profesional I | 60 |
| MP1708. Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 |
| CÓDIGO E NOME DO MÓDULO | HORAS |
| MP0903 . Procesos de realización en cine e vídeo | 219 |
| MP0907 . Realización da montaxe e a posprodución de audiovisuais | 219 |
| MP0905 . Procesos de realización en televisión | 219 |
| MP0909 . Procesos de rexedoría de espectáculos e eventos | 163 |
| MO0002. Habilidades comunicativas en língua extranxeira | 60 |
| MP1710. Itinerario persoal para a empregabilidade II | 50 |
| MP0911 . Proxecto intermodular de realización de proxectos de audiovisuais e espectáculos | 50 |
| MO004. Afondamento nas competencias profesionais | 30 |
| MP1665. Dixitalización aplicada ao sistema produtivo | 30 |