Publicado no DOGA a Orde do 26 de xuño de 2026 pola que se convocan os Premios Extraordinarios de Formación Profesional de Grao Superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2024-2025 (código de procedemento ED311B).
O prazo de solicitudes comeza o 11 de xullo e remata o 10 de agosto.
Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311B; ou ben directamente na aplicación PremiosEdu na ligazón https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/