ORIENTACIÓN > acceso a ciclos | acceso á universidade | acreditación | probas libres | validación | atención á diversidade | DUAL | bolsa emprego

SOLICITUDE DE ADMISIÓN (PREINSCRICIÓN) EN TITULACIÓNS CON LÍMITE DE PRAZAS EXISTENTES NAS UNIVERSIDADES DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA CURSO 2022/2023
PREINSCRICIÓN NAS ABAU
SOLICITUDE ORDINARIA. Do 5 ao 23 de maio 2023 ás 14:00 h.
CALENDARIO ABAU
PREINSCIÓN CONVOCATORIA ORDINARIA
Publicación listaxe provisional. 23 XUÑO
MATRÍCULA
Matrícula ABAU
NOTA IMPORTANTE: Os días festivos non hai soporte para resolver os problemas que poidan xurdir.
Suxírese que se faga a matrícula no primeiro día do prazo para poder resolver calquera incidente que poida xurdir. Durante o período de matrícula, o alumnado que non se matricule, deberá confirmar o interese en seguir nas listaxes da CiUG (de non confirmalo, entenderase que xa non ten interese nas titulacións solicitadas e decaerá nos seus dereitos).
PROCESO DE INSCRICIÓN E MATRÍCULA. PREGUNTAS FRECUENTES
1) Cantas titulacións podo solicitar?
- Podes solicitar un máximo de cinco titulacións diferentes e un máximo de dez solicitudes se algunhas son repetidas. Non é obrigatorio solicitar o máximo de titulacións, é dicir, unha persoa pode solicitar unha única titulación do sistema universitario de Galicia.
2) É importante a orde en que solicito as titulacións?
- Si. A orde ten a máxima importancia, porque a admisión faise de acordo coa orde solicitada e non se pode cambiar unha vez iniciado o proceso.
3) Que debo facer se me convocan nunha titulación e todas as que solicitei con maior preferencia aparecen como pechadas?
- Neste caso tes que matricularte. As titulacións que solicitaches con menor preferencia xa aparecen liberadas e, se non te matriculas, a túa praza será ocupada pola seguinte persoa na listaxe de agarda e quedas fóra do sistema.
4) Que debo facer se me convocan nunha titulación pero eu marquei outra(s) con maior preferencia e aínda non está(n) pechada(s)?
- Nese caso debes volver a confirmar que segues interesado en permanecer nas listaxes da CiUG.
- Se cambiaches de idea e desexas matricularte na que estás convocada/o podes facelo pero acabas o proceso. Xa non podes cambiar de matrícula.
- As que marcaches con maior preferencia e que están pechadas, neste momento do proceso de admisión é como se non as solicitases.
- Se estás convocado para matricularte nunha titulación e todas as que solicitaches con maior preferencia están pechadas tes que matricularte, de non facelo perdes todos os teus dereitos de matrícula.
- Despois de cada chamamento, se non te matriculas, debes volver a confirmar que segues interesado en permanecer nas listaxes da CiUG.
5) Ata cando podo estar en listaxe de agarda dunha titulación?
- Se despois de cada chamamento volves confirmar que segues interesado/a en seguir nas listaxes da CIUG, podes agardar sen matricularte noutra ata que a titulación apareza como pechada.
6) O estudantado de ciclos formativos de grao superior accede á universidade coa súa cualificación de admisión en igualdade de condicións ca o estudantado de bacharelato ou hai unha porcentaxe de prazas exclusiva para FP?
- Acceden en igualdade de condicións. Non hai unha porcentaxe específica para FP.
7) Son un/unha estudante de ciclos formativos de grao superior e o meu ciclo non está relacionado cun determinado grao universitario. Podo acceder a el?
- Si. A vía de acceso desde un ciclo formativo de grao superior permite acceder a calquera grao universitario, considerando como primeiro criterio de admisión a cualificación final do ciclo mais a suma das cualificacións ponderadas da fase voluntaria.
+info:
- https://ciug.gal/gal
- https://ciug.gal/PDF/ACCESO2022/convocatoria_preinscricion.pdf
- https://ciug.gal/gal/faq-acceso
TÁBOAS DE PONDERACIÓNS 2022-2023.
NOTAS DE CORTE: