Menu Close

F.P. DUAL 2º curso

F.P. DUAL - MODALIDADE 2º CURSO

No curso 2019-2020 iniciouse por primeira vez no CIFP Imaxe e Son a FP Dual, dándolle continuidade a esta formación no curso 2020-2021.

Esta modalidade de Formación Profesional consiste na alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.

Na FP Dual os centros e as empresas comparten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral.

Cales son os requisitos para acceder á FP dual na modalidade que oferta o CIFP Imaxe e Son?

Para acceder a esta modalidade de FP é preciso:

  • Estar cursando no momento de acceder á FP Dual o 2º curso dun dos ciclos que impartimos no centro.
  • Ter superados todos o módulos do 1º curso.
  • Ter aprobados todos os módulos do 2ºcurso na 1ª avaliación que se celebrará a mediados de decembro do curso.
Empregamos cookies exclusivamente con fins estatísticos internos que nos permitan mellorar o servizo que prestamos a través desta web. View more
Accept