Menú Cerrar

Atención á diversidade

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

RESERVA DE PRAZA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O alumnado que optase a prazas reservadas para persoas con discapacidade asistirá a unha reunión individual convocada polo Departamento de Orientación do centro educativo que solicitase en primeira opción.

Será obrigatorio levar o certificado do grao de discapacidade e o ditame técnico facultativo á reunión. Tamén se poderá achegar outra documentación que se considere oportuno.

A finalidade da reunión será que a persoa reciba información sobre o currículo das ensinanzas solicitadas, en particular sobre as dificultades que, como consecuencia da discapacidade, poidan aparecer para a adquisición dos resultados de aprendizaxe do ciclo.

O Departamento de Orientación emitirá un informe, que proporcionará á persoa solicitante, no cal constará unha orientación específica e se incluirá una proposta razoada de escolarización en función das necesidades da persoa solicitante que, de ser o caso, poderá modificar a súa solicitude.

Este informe ten carácter orientativo.