alumnado > documentos alumnado | enquisas calidade | act. complementarias | módulo FCT | DUAL | validación
As enquisas á comunidade educativa empréganse no Sistema de Xestión da Calidade [ SXC ] coma unha ferramenta de toma de datos directa, que presenta a vantaxe fundamental de proporcionar un input cualitativo sobre o que acontece no centro e fóra del.
A información que proporcionan se estiman de grande valor polo centro, xa que permiten detectar e diagnosticar problemas. Estas tres enquisas que se dirixen ó alumnado teñen carácter voluntario e son anónimas.
enquisa de Acollemento
Enquisa que recolle os datos dos primeiros días do curso e permite dignosticar o alcance da información que proporcionan os grupos docentes relativa á actividade académica a desenvolver. Ten lugar en setembro.
enquisa de satisfacción co labor docente
Enquisa que recopila a valoración dos estudantes respecto da actividade docente, a cal se realiza por bloques de actuación: metodolóxico e organizativo, interese, cualificacións e actitude. Ten lugar no mes de xaneiro.
enquisa sobre Actividades complementarias
Enquisa que permite acadar información sobre o grao de efectividade que alcanzaron as actividades complementarias á formación propostas polos grupos docentes. Ten lugar no mes de xaneiro.