Menú Cerrar

INFORMACIÓN SOBRE REINTEGRO (DEVOLUCIÓN) BOLSAS CURSO 2020/2021

Debido ás dúbidas que xenera o trámite de reintegro, a Sección de Bolsas de Estudo da Xefatura Territorial da Coruña, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade fainos chegar a seguinte aclaración:

Entenderase que non se destinou a bolsa para a finalidade que lle foi concedida e procederase por esta unidade ao trámite de reintegro (devolución) nos seguintes supostos:

  • Causar baixa no centro, anular matrícula ou renunciar antes do remate do curso 2020/2021.
  • Non ter asistido a un 80% ou máis das horas lectivas, salvo dispensa de escolarización.
  • Non ter superado o 50% das materias, créditos ou horas matriculadas, en convocatoria ordinaria nin extraordinaria
  • Non ter superado o curso completo no curso de acceso ou do curso de preparación dos cursos de formación específicos para o acceso a formación profesional ou no caso de estudos cursados nas escolas de idiomas.

No caso de estudantes que obtiveran unha bolsa para a realización do proxecto fin de estudos, non ter presentado o proxecto no prazo dun ano desde a data de resolución da concesión da bolsa.

 

 

ACLARACION.

 

HORA/MATERIAS/CREDITOS

  • CFGS,CFGM, FP BÁSCA :  O cálculo será en horas (incluída a FCT)

  • BACH, Grado Profesional Música : O cálculo sera en materias (asignaturas)

  • Ensinanza Oficial de Idiomas: O cálculo será en curso

  • Título Superior, equivalente a Grao Universitario: O cálculo será en créditos

 

Tamén se procederá ao reintegro (devolución nos seguintes casos):

  • Cobros indebidos de contías ben sexa por erro ou por outras causas.

  • Ocultamento ou falsificación de datos. (incluído a incompatibilidade con outras bolsas)

ABEIRO LEGAL

ARTIGOS 40,41,42,43,44,45 E 46 DA RESOLUCION DA SECRETARIA DE ESTADO DE EDUCACION, POLA QUE SE CONVOCAN BOLSAS DE CARÁCTER XERAL PARA O CURSO 2020/2021 PARA ESTUDANTES DE NIVELES POSTOBRIGATORIOS

Relacionado...