Menú Cerrar

ADMISIÓN a ciclos formativos

acceso > probas de acceso | admisión a ciclos  | matrícula |      ORIENTACIÓN
ADMISIÓN curso 2024/2025

Proceso de admisión a ciclos formativos de grao superior no CIFP Imaxe e Son

PRAZOS DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 24-25

Con carácter xeral establécense dous períodos para o desenvolvemento do proceso de admisión.

    PERÍODO ORDINARIO

  • PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 24 de xuño ao 04 de xullo ás 13 horas. 
    • Publicación da Listaxe provisional de Solicitudes: 10 de xullo
    • Reclamación á Listaxe Provisional: 10 ao 12 de xullo ás 13 horas.
    • Listaxe Definitiva de Solicitudes: 17 de xullo
  • 1ª ADXUDICACIÓN DE PRAZAS: 17 xullo
  • MATRICULACIÓN DA 1ª ADXUDICACIÓN: 17 ao 22 de xullo ás 13.00h.
  • 2ª Adxudicación: 24 de xullo.
  • Matriculación da 2ª Adxudicación: 24 ao 31 de xullo ás 13.00h.
  • 3º adxudicación: 2 de setembro
  • Matriculación da 3º Adxudicación: 11de setembro ás 9 horas ao 27 de setembro ás  13 horas

    PERÍODO SOLICITUDE MATRÍCULA SIMULTÁNEA

  • Presentación de solicitudes (sempre que existan prazas dispoñibles): 12 ao 13  de setembro ás 13 horas
  • Matriculación (sempre que existan prazas dispoñibles e con resolución positiva do servizo de inspección educativa) 17 ao 20 de setembro ás 13 h.

LUGARES E OPCIÓNS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que se atopa no enderezo www.edu.xunta.gal/ciclosadmision. 

A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico.

Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para que sexa unha solicitude válida teña que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP para ser selada, datada e validada.

O asistente web para realizar unha solicitude de admisión a ciclos formativos só estará dispoñible durante os periodos de presentación de solicitudes.

DISTRIBUCIÓN DAS PRAZAS DISPOÑIBLES NA COTA XERAL

Establécense TRES GRUPOS segundo o tipo de requisitos de acceso:

  GRUPO 1

Entre un 75%  e un 85% das prazas ofreceráselles ás persoas que teñan o título de bacharelato e técnicos de ciclo medio. Estabécense dous subgrupos:

Grupo 1.1 Título de Bacharelato

Grupo 1.2 Títulos de Técnicos de FP e de artes plásticas e deseño.

(A cada un destes subgrupos corresponderalle como mínimo un 45% das prazas deste bloque)

  GRUPO 2

Entre un 10% e un  20% das prazas ofreceráselle a persoas con curso de formación ou proba de acceso.

  GRUPO 3

Ata un 10% das prazas ofreceráselle  a persoas con título de Técnico superior (ou outros académicamente superiores, ex. Titulación universitaria)

Persoas que teñan un GRAO C (CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE) integrado no ciclo formativo e sen ningún dos anteriores requisitos; accederán no caso de prazas liberadas.

De quedaren prazas sen adxudicar nalgún grupo, adxudicaranse primeiro ás persoas solicitantes do grupo 1.1, logo ás do grupo 1.2, logo ás do grupo 2 e, finalmente, ás do grupo 3, ata a adxudicación total das prazas. Se tras o proceso aínda quedaren prazas dispoñibles, ofreceranse como prazas liberadas. A adxudicación de prazas vacantes poderase realizar desde a primeira adxudicación de prazas.

Do total de prazas que se ofrecen, reservarase un 10% para persoas que teñan legalmente recoñecida unha discapacidade maior ou igual a 33%.

Todos os ciclos formativos poderán dispor dun 5% adicional de prazas reservadas para as persoas que cumpran os requisitos de deportista galego de alto nivel.

CRITERIOS DE PRIORIDADE DENTRO DE CADA GRUPO

De non existir prazas suficientes para atender todas as solicitudes, cumprirá establecer unha orde de prioridade no acceso para o ciclo de grao superior solicitado para cada un dos grupos.

   GRUPO 1

Relación ordenada de requisitos de acceso de MAIOR A MENOR PRIORIDADE.

Dentro de cada apartado as solicitudes ordenaranse de maior a menor nota de acceso:

Subgrupo 1.1

. Alumnado con título de bacharelato obtido nos tres últimos anos naturais

2º. Alumnado con título de bacharelato obtido con anterioridade aos tres últimos anos naturais

3º. Alumnado con BUP+COU / BUP+PREU

4º. Alumnado con BUP

Subgrupo 1.2

1º. Título de Técnico da mesma familia profesional obtido nos tres últimos anos naturais.

2º. Título de Técnico doutra familia profesional obtido nos tres últimos anos naturais.

3º. Título de Técnico da mesma familia profesional obtido con anterioridades aos tres últimos anos naturais.

4º. Título de Técnico doutra familia profesional obtido con anterioridades aos tres últimos anos naturais.

    GRUPO 2

Relación ordenada de requisitos de acceso de MAIOR A MENOR PRIORIDADE.

Dentro de cada apartado, as solicitudes ordenaranse de maior a menor nota de acceso.

1º. Proba de acceso a ciclos formativos superiores de FP ou curso de acceso a ciclos superiores.

2º. Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

    GRUPO 3

Relación ordenada de requisitos de acceso de MAIOR A MENOR PRIORIDADE.

Dentro de cada apartado, as solicitudes ordenaranse de maior a menor nota de acceso:

1º. Título de Técnico superior / Técnico especialista.

2º. Título Universitario

3º. Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista.

4º. Alumnado con título universitario.

En caso de empate entre varias persoas que soliciten un mesmo posto escolar, e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado no ciclo formativo solicitado na matrícula do curso anterior en que se demande a praza de formación. De persistir o empate, resolverase mediante as letras de desempate da resolución do sorteo público para os procesos de admisión que anualmente publica a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

 

PROCESO DE ADMISIÓN NA FP DUAL INTENSIVA:

Deberase cubrir unha solicitude para un único proxecto de FP dual, utilizando o asistente informático www.edu.xunta.es/ciclosadmision.

A aplicación avisará no caso de que sexa necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP dual sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.

Se a persoa solicitante presenta máis dunha solicitude ou solicita máis dun proxecto, non se terá en conta ningunha das súas peticións.

As persoas que participen no proceso de admisión para os proxectos de formación profesional dual tamén poderán, se así o desexan, realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior no réxime ordinario ou para persoas adultas, na modalidade presencial ou a distancia.

As persoas admitidas nun proxecto de fp dual quedarán excluídas, e non serán adxudicadas, no proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario, nos cursos de especialización ou no réxime para as persoas adultas. No caso de non seren admitidas en ningún proxecto de fp dual poderán continuar no proceso de admisión a ciclos formativos.

PRAZOS:

  • PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DO 24 DE XUÑO AO DE 04 XULLO ÁS 13 H.
  • Publicación da Listaxe provisional de Solicitudes: 06 de xullo
  • Reclamación á Listaxe Provisional: 8 ao 10 de xullo.
  • Listaxe Definitiva de Solicitudes: 12 de xullo
  • PERIODO DE SELECCIÓN DO CENTRO EDUCATIVO E A ENTIDADE COLABORADORA: 08 ao 12 xullo ás 12 h.
  • PUBLICACIÓN DAS PRAZAS ADXUDICADAS E DAS PRAZAS EN ESPERA: 15 de xullo.
  • PERIODO DE MATRÍCULA PARA AS PERSOAS ADMITIDAS: 16 ao 24 de xullo ás 13 h.

 

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR OFERTADOS NO C.I.F.P. IMAXE E SON

NOTA IMPORTANTE . Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta sección contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente.