O concurso vai dirixido a todo o alumnado de centros públicos de Galicia que estea matriculado nalgún dos ciclos da familia profesional de Imaxe e Son ou de centros públicos de Galicia matriculado en módulos de fotografía nas Ensinanzas Artísticas durante o presente curso 2019/20.
A temática das imaxes versará sobre a igualdade entre homes e mulleres e a eliminación dos estereotipos de xénero utilizando a fotografía como ferramenta. O obxectivo é concienciar a comunidade escolar sobre todo o relacionado coa violencia de xénero, o acoso escolar e laboral, a discriminación por razón de sexo, a conciliación laboral, a brecha salarial e temas afíns a través da fotografía.