O concurso vai dirixido a todo o que queira participar.
A temática dos guións versará sobre a igualdade entre homes e mulleres e a eliminación dos estereotipos de xénero.
Os guións presentaranse no formato normativo europeo de guión literario. O formato electrónico será nun tratamento de textos compatible con windows.
O envío dos guións farase á seguinte dirección electrónica: concursofotoigualdade@gmail.com, No guión non aparecerá identificación do autor, que se incluirá no texto do correo cos seguintes datos: Nome e apelidos, DNI, enderezo e declaración xurada de ser o autor orixinal do guión ou resgardo da entrega no rexistro de propiedad intelectual.
A/as obra/s presentaranse entre o 1 e o 19 de decembro de 2019. A decisión do xurado farase pública na páxina web do CIFP Imaxe e Son de A Coruña e nas súas redes sociais (Facebook e Instagram) antes do 31 de decembro.