DESCRIPCIÓN
Congreso de Innovación na Formación Profesional, que terá lugar entre os días 25 e 27 de abril na Cidade da Cultura de Galicia.
Un espazo expositivo no que conflúen a innovación e o emprendemento, a formación e a empresa.
CONTIDO
O congreso contará cunha zona expositiva de 4.100 m2, distribuída nos andares -1 e 0 do Museo Centro Gaiás, na que as persoas asistentes poderán coñecer:
![]() |
A investigación e a innovación que os centros de formación profesional de Galicia están a desenvolver en colaboración con empresas e institucións, a través da visualización en directo dos 30 proxectos de innovación que se presentan e que abranguen as tecnoloxías máis punteiras do mercado. |
![]() |
A innovación ligada ao emprendemento, representada nunha mostra de 17 proxectos empresariais de miniempresas que o alumnado e o profesorado puxeron en marcha, no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende. |
![]() |
A experimentación en primeira persoa das novas tecnoloxías, coa participación nos obradoiros que se desenvolverán e que versarán sobre robótica, impresión 3D, electrónica, fabricación de drons, madeira, artes gráficas, estética, hostalaría ou industrias alimentarias. |