• Novas
  • Plan COVID_19
  • Admisión 2020-21
    • PRAZOS DE ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS CURSO 2020-2021
    • PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN 2020-2021
  • O centro
    • Sobre Nos
    • Organigrama
    • Instalacións
    • Horarios
  • Oferta formativa
    • OFERTA FORMATIVA 2020-21
    • Ciclos
    • calendario escolar
    • ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS 2020
    • Probas libres
    • PRAZOS DE ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS CURSO 2020-2021
  • Calidade
  • Orientación
    • PROBAS DE ACCESO A GRAO SUPERIOR 2020
    • PRAZOS DE ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS CURSO 2020-2021
  • Contacto
  • Inicio
    981 173 181
    cifp.imaxe.son@edu.xunta.es
    Login
    CIFP Imaxe e SonCIFP Imaxe e Son
    • Novas
    • Plan COVID_19
    • Admisión 2020-21
      • PRAZOS DE ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS CURSO 2020-2021
      • PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN 2020-2021
    • O centro
      • Sobre Nos
      • Organigrama
      • Instalacións
      • Horarios
    • Oferta formativa
      • OFERTA FORMATIVA 2020-21
      • Ciclos
      • calendario escolar
      • ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS 2020
      • Probas libres
      • PRAZOS DE ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS CURSO 2020-2021
    • Calidade
    • Orientación
      • PROBAS DE ACCESO A GRAO SUPERIOR 2020
      • PRAZOS DE ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS CURSO 2020-2021
    • Contacto
    • Inicio

      Events

      • Home
      • Events
      • A Xuventude no mundo, edición 2020: intercambios xuvenís a Italia, Xeorxia e Xapón

      A Xuventude no mundo, edición 2020: intercambios xuvenís a Italia, Xeorxia e Xapón

      No marco do programa “A Xuventude no mundo” ao abeiro das relacións bilaterais que a Xunta de Galicia mantén con entidades doutros países, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca tres intercambios xuvenís:

      cadro1

      Obxectivos: facilitar o coñecemento doutras realidades socioculturais e lingüísticas para a comprensión da diversidade cultural e favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas.

      Destinatarios/as: mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos no momento de realizarse o intercambio.
      Non poderán participar no/s intercambio/s, os mozos e mozas que participaran noutro intercambio ao mesmo país no marco do programa A Xuventude no mundo nos últimos tres anos (2017-2019). Así, neste caso, poderán participar nos intercambios a un país diferente do que xa participaran nos referidos tres últimos anos.

      Prazo de inscrición: do 5 ao 10 de febreiro de 2020.
      Inscrición:  mediante envío de formulario electrónico dentro do prazo establecido. Só se admitirá unha solicitude por participante.
      Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión dalgún deles pode ocasionar a desestimación da solicitude.
      Admítese a inscrición nos tres intercambios, tendo en conta os requisitos de participación en cada un deles. No caso de inscrición dobre ou tripla o/a solicitante deberá indicar a orde de preferencia de participación.

      Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para o intercambio. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos tres días seguintes, entenderase que non obtivo praza.
      No caso de que unha persoa solicite participar en dous ou tres intercambios, a admisión nun intercambio exclúe a admisión nos outros, salvo que non se cubran as prazas destes últimos.
      De producirse baixas despois de adxudicarse as prazas, ofertaránselle aos/as solicitantes da lista de agarda, tendo que presentar o billete e demais documentación nos 5 días (naturais) seguintes da comunicación.
      No caso de que o billete de transporte adquirido fose anulado posteriormente a súa remisión á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a praza para o intercambio será anulada e considerada non adxudicada.
      Recibidos correctamente os documentos requiridos, aos seleccionados/as seralles facilitado, posteriormente, o nome do/a coordinador/a que acompañará ao grupo, así como o lugar de encontro no lugar de realización do intercambio.
      Realizarase o intercambio se existe un mínimo da metade das prazas convocadas para cada un.

      Documentación a remitir: confirmada a praza, nos 5 días (naturais) seguintes, as persoas seleccionadas deberán remitir a galeuropa@xunta.gal:
      1. Documentación xenérica para os tres intercambios:
      – Unha copia do/s billete/s de transporte adquirido/s para desprazarse ata a cidade do país de realización do intercambio. Non é documento válido a/s reserva/s de voo ou medio de transporte elixido.
      – Copia do Documento Nacional de Identidade.
      2. Documentación específica para os tres intercambios:
      a) Unha copia do seguro de viaxe, de accidentes e de enfermidade.
      Para acreditar cobertura de viaxe e accidentes a Venecia admítese copia do Carné Xove.
      Para acreditar asistencia sanitaria admítese copia Tarxeta Sanitaria Europea ou certificado sustitutorio.
      A non remisión destes documentos no prazo establecido supón a perda da praza no intercambio.
      No caso de que a persoa seleccionada queira xestionar a súa viaxe con outras persoas participantes no intercambio deberá autorizar á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a facilitar os seus datos de contacto aos demais participantes, cumprimentado o cadro  habilitado a tal efecto no formulario de inscrición.
      b) Unha copia do pasaporte, no caso do intercambio a Xapón.

      + info sobre esta convocatoria en:

      http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18270-a-xuventude-no-mundo-edicion-2020-intercambios-xuvenis-a-italia-xeorxia-e-xapon

      Start Time

      12:00 am

      05/02/2020

      Finish Time

      12:00 am

      10/02/2020

      Event Participants

      Cartela 720
      cifp imaxe e son

      • Share:

      Leave A Reply Cancelar la respuesta

      Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

      CIFP IMAXE E SON

      +34 981 17 31 81

      cifp.imaxe.son@edu.xunta.es

      Nosa Escola

      • Acerca de nos
      • Novas
      • Organigrama
      • Contacto

      Links

      • Cursos
      • Eventos

      Soporte

      • Documentación
      • Forums

      Recomendado

      • Probas libres 2020

      Education WordPress theme by ThimPress. Powered by WordPress.

      • Privacy
      • Terms
      • Sitemap

      Formación en Centros de Traballo

      queres recibir alumnos en prácticas na túa empresa?

      Contacta connosco
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Login with your site account

      No apps configured. Please contact your administrator.

      Lost your password?