CS Son para audiovisuais e espectáculos
Gratis

QUE SE APRENDE A FACER?
Definir, planificar e supervisar a instalación, a captación, a gravación, o control, a emisión, a posprodución e a reprodución do son en audiovisuais, radio, industria discográfica, espectáculos, eventos e instalacións fixas de sonorización, controlando e asegurando a calidade técnica e formal.
EN QUE ÁMBITOS SE TRABALLA?
No sector audiovisual, radiofónico, discográfico, do espectáculo, de eventos e de instalación de estruturas fixas e efémeras de sonorización en recintos acoutados.
QUE OCUPACIÓNS SE DESEMPEÑAN?
- xefe/a de son de cine, audiovisuais e espectáculos
- técnico/a de son de cine e audiovisuais
- técnico/a de son directo
- técnico/a de gravación musical
- técnico/a de gravación de son en estudio
- técnico/a de son para PA (“public address”)
- técnico/a de monitores de son
- técnico/a de sistemas de son
- técnico/a de son en sistemas sen fíos
- técnico/a en sistemas de microfonía
- especialista de son
- montador/ora e editor/ora de son
- mesturador/ora e masterizador/ora de son
Course Features
- Lectures 1
- Quizzes 0
- Duration 3 hours
- Skill level Técnico superior
- Language Galego
- Students 0
- Assessments Yes