Acreditación de competencias 2020. Primeira reunión grupal
CIFP Imaxe e Son-SIMS03 Animacións 3D, xogos e contornos interactivos
Convocada a primeira reunión grupal o 23/06/2020 de 17:00 a 18:00
Publicadas as listaxes de persoas admitidas e excluídas, con data 12 de xuño de 2020, iníciase a fase de asesoramento para as persoas admitidas, segundo o establecido na Orde do 29 de novembro pola que se convocou o proceso de acreditación de competencias.
A Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa do 26 de maio de 2020 sobre o restablecemento do procedemento do proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na comunidade autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B), recolle no seu punto 4.b que o asesoramento é obrigatorio e realizarase, con carácter xeral, de forma telemática.
A convocatoria á reunión reflectirase no expediente da persoa candidata na aplicación informática de xestión do procedemento. Cumprirá que a persoa candidata realice a confirmación da súa recepción na mesma aplicación.
Para información de outros centros:
http://www.edu.xunta.gal/fp/fase-asesoramento-2020
Tag:#probas libres