Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional
Este luns 8 visitaron o noso centro máis de medio cento de alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato dentro das Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional que organiza o Concello da Coruña.
Ao longo desta visita fixoselles entrega a todos os asistentes dun folleto informativo onde se recollían, os distintos ciclos formativos que conforman as ensinanzas do CIFP Imaxe e Son, así como as condicións de acceso, prazos orientativos de preinscripción, procedemento para realizala…
Despois dunha pequena introdución no cinema da Escola por parte do Director e do orientador fíxose unha visita por todas as instalacións do centro para que os potenciais futuros alumnos poidesen comprobar de primeira man o xeito de traballo e os recursos con que conta este centro para formar ao seu alumnado.
Foron moitas as preguntas e cuestións planteadas polo alumnado ao longo desta actividade e para o centro foi un pracer poder participar un ano máis nestas Xornadas, agardando poder contar con gran parte dos asistentes no mes setembro xa como alumnos da Escola.