Charla da Dirección Xeral de Xuventude
Charla que hoxe tivo lugar no CIFP Imaxe e Son, impartida pola dinamizadora da Direccion Xeral de Xuventude, Lidia Purriños.
Abordou duas interesantes iniciativas desta Dirección Xeral que son por un lado Iniciativa Xove, programa de empredemento para mozos e mozas dotado con ata 5000€ por proxecto. A convocatoria deste proxecto está abertao ata o 4 de marzo.
Por outro lado informou sobre o Proxecto Galeuropa, programa destinado a rapaces que queiran facer unha estancia formativa en Europa de ata tres meses. A convocatoria deste ano está prevista que saia en abril.
O alumnado presente participou activamente na charla con numerosas intervencións e preguntas.
#EIS #cifp_imaxe_e_son #FP #orientación #xuventude